Os centros de Día Ferrol Caranza e Ferrol Esteiro están situados na cidade de Ferrol, concretamente no barrio de Caranza. Este barrio destaca pola altura dos seus edificios e o seu colorido. A cidade de Ferrol está orientada principalmente cara as actividades marítimas, mediante o seu porto pesqueiro e comercial, asteleiros civís e militares, instalacións da Armada ou as praias turísticas.

Os asteleiros son un dos puntos con maior capacidade industrial da cidade. Cando falamos de Ferrol, estamos na obriga de falar da "Ponte das Pías" como un dos símbolos da cidade. Fai uns anos, unha usuaria díxolle a unha compañeira, " esa ponte é como a nosa vida no centro, une ás persoas e loita contra o illamento das persoas", de xeito que a nosa labor baséase en firmes pilares como o coidado das persoas, o respecto, a familiaridade, a profesionalidade e o traballo en equipo.

Para cruzar a ponte, precisamos dun traballo man a man con familias e comunidade. Dende ambos centros tentamos ofrecer unha atención personalizada, procurando a integración das persoas na vida do centro e na comunidade. Dende ambos centros respectamos os tempos de cada usuario e familia, detectamos as súas necesidades.

Pola cercanía entre ambos centros, promovemos un traballo en equipo, sobre todo no relacionado coas actividades sociocomunitarias, aproveitando así ao máximo os recursos. Fomentamos unha relación positiva coas familias, como medio para acadar unha unión persoa usuaria-familia-centro-comunidade.